En coche
O aparcadoiro principal do complexo Benvido está moi preto do burato 1. Hai outras zonas de estacionamento no recinto.
Campo do Monte do Gozo
O campo está nun parque público, aberto todo o ano e de acceso gratuíto, a poucos minutos do centro de Santiago. Podes escoller entre dous percorridos; para xogar, trae os teus propios discos. Se non tes, escríbenos con antelación e tentaremos acordar un horario para prestarche algúns.
Escolle o teu percorrido
Un trazado longo e técnico para quen xa ten algo de experiencia. Combina rúas abertas, zonas arboradas e desnivel.
Carteis do campo
Máis curto e accesible, ideal para unha primeira rolda; adoita completarse en aproximadamente unha hora. Os buratos 1, 3 e 7 non teñen saída de cemento nin sinalización permanente: no burato 1 lánzase desde o asfalto; no 3, desde o camiño; e no 7, desde a herba, en canto se vexa a cesta.
Carteis do campo
Coidamos o que compartimos
Respecta as demais persoas que usan o parque, recolle os teus residuos e non lances ata que a zona estea completamente despexada.