Disc golf 101

Como o golf.
Pero con discos.

O obxectivo é sinxelo: completar cada burato co menor número de lanzamentos. Comeza no tee e remata ao encestar na cesta.

Unha rolda, paso a paso

Do primeiro lanzamento á cesta.

  1. 01

    Lanza desde o tee

    Cada burato comeza nunha zona de saída. Escolle un disco e lanza cara á cesta.

  2. 02

    Continúa desde onde cae

    Marca a posición do disco. O seguinte lanzamento faise xusto detrás dese punto.

  3. 03

    Respecta a quenda

    Xoga primeiro quen está máis lonxe da cesta. O resto agarda sempre por detrás.

  4. 04

    Encestra e suma

    O burato remata cando o disco queda suxeito polas cadeas ou no cesto. Cada lanzamento conta un punto.

!

A regra máis importante

Primeiro, a seguridade.

Non lances se hai persoas ou animais ao teu alcance. As demais persoas que usan o parque sempre teñen prioridade de paso.

Regras esenciais

O necesario para xogar ben.

Non cómpre memorizar todo un regulamento para gozar dunha primeira rolda. Estas son as situacións que atoparás no campo.

01 Quenda e puntuación

No primeiro burato acórdase a quenda. Despois, sae primeiro quen fixo menos lanzamentos no burato anterior. Durante o burato lanza quen estea máis lonxe da cesta. Gaña quen completa a rolda con menos lanzamentos e penalizacións.

02 A túa posición de lanzamento

Ao soltar o disco, apoia un pé xusto detrás da marca. Fóra do círculo de 10 metros podes continuar o movemento cara adiante; dentro, debes manter o equilibrio detrás da marca.

03 Mando obrigatorio

Un mando obriga a que o disco pase polo lado indicado dunha árbore, poste ou outro punto. Se fallas, suma unha penalización e xoga desde a zona marcada como DZ ou segundo indique o cartel.

04 Fóra de límites (OB)

Se o disco queda completamente fóra da zona válida, suma unha penalización. Continúa desde o punto polo que saíu, con ata un metro de alivio cara dentro.

A túa primeira bolsa

Tres discos. Tres funcións.

01

Driver

Para gañar distancia nos lanzamentos longos. Ten o bordo máis afiado.

02

Mid-range

Equilibrio entre distancia e control. Unha gran elección para comezar.

03

Putter

Estable e preciso para achegarse e encestar desde curta distancia.